Neste mes de outubro, durante o Seminario Turismo e novas tecnoloxías terá lugar a presentación en sociedade do noso proxecto de investigación sobre rutas GPS, levado a cabo baixo a dirección de Dimensiona.
Xuntos, desenvolvemos un novo produto que está agora rematando a súa fase de experimentación. As rutas autoguiadas con GPS ofrecerán a concellos, administración ou establecementos turísticos a posibilidade de deseñar percorridos turísticos ou culturais sen necesidade de investimentos costosos en sinalización. Un GPS se encargará de dirixir ao camiñante ou ao automobilista ao longo do itinerario; o noso cometido é a elaboración dos contidos da ruta, que van nunha guía impresa complementaria.
O primeiro prototipo tivo como protagonista á Casa Grande de Vilanova, na parroquia de Remesar, concello da Estrada e o roteiro servía para percorrer o fermoso camiño entre a Casa e o Pazo de Oca. O segundo, porase en marcha nos próximos días no Concello de Ames; finalmente, a Ribeira Sacra será o escenario doutro dos nosos prototipos.
Moitas grazas a todos eles por colaboraren con nos e a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación financiar este novidoso proxecto de innovación.
Archivo de la categoría: Aplicacións turísticas
Fiesta de Interes Turístico Nacional
Segundo se fixo público hoxe, a Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria e Turismo acordou conceder ás festas de San Froilán de Lugo a categoría de Festa de Interese Turístico Nacional. É un recoñecemento á súa historia e á súa proxección mais aló do espazo estritamente lucense. Como participantes deste proxecto, compartimos a ledicia dos lucenses.
¡Noraboa e Feliz San Froilán 2006!
O Camiño a Fisterra en Ames
Acabamos de rematar un interesante traballo de investigación sobre o Camiño a Fisterra no Concello de Ames, moi perto de Santiago.
A nosa investigación concretarase nunha serie de rutas, sinalizacións e materiais complementarios que intentarán explicar mellor a historia e o importante patrimonio conservado nesta zona. Son pobos como Augapesada ou Ponte Maceira, que son moi coñecidos, pero tamén lugares con moito encanto e absolutamente descoñecidos: Covas, Pousada, Suevos,…
Os itinerarios están pensados para coñecer a ruta do Camiño e os pobos que están nel e na súa proximidade. Son percorridos accesibles e axeitados para pasar un día ou unha tarde agradable cos amigos ou a familia.
San Froilán, fiesta de interés turístico
Las ferias y fiestas de San Froilán son un acontecimiento que desde hace siglos traspasan los límites de la ciudad de Lugo; son famosas en toda Galicia e, incluso, más allá. Antes, el principal reclamo era la gran feria ganadera a la que acudían tratantes de toda la Península Ibérica; luego, la fiesta que retomó un importante auge a partir de las últimas décadas del siglo XIX. El siglo XX trajo importantes cambios sociales y económicos a Galicia que afectaron profundamente a la feria de Lugo cuya razón de ser poco a poco dejó de existir. Por el contrario, la fiesta se consolidó de manera que hoy San Froilán es sinónimo de fiesta.
Consciente de esta tradición festiva, de la fama y del potencial turístico que tiene San Froilán para el desarrollo de la ciudad, el Concello de Lugo acaba de solicitar para su fiesta la condición de Fiesta de Interés Turístico Nacional.
Nuestro informe histórico forma parte del expediente de solicitud. ¡Nuestros mejores deseos!.