Nestes días rematan, por este curso, as actividades do programa “A Historia vai por barrios”. É hora de recoller as exposicións e de facer avaliación do proxecto.
San Pedro, A Rocha, Villestro, Vite, o Ensanche e Enfesta. Barrios e parroquias moi distintas pero que contribuiron de igual forma a conformar a cidade na que hoxe vivimos.
Coas exposicións e as actividades, todas e todos coñecímonos mellor e aprendimos a valorar un pouco mais os espazos nos que vivimos e esos vellos trebellos que temos nas nosas casas. Foi unha aventura divertida e enriquecedora para todas e todos os que dun xeito ou outro tivemos que ver co proxecto.
Desde aqui, o noso mais sinceiro agradecemento aos veciños e veciñas, ao personal da rede de centros socioculturais, ás asociaciones veciñais, aos colexios e a todas as outras entidades que colaboraron na boa marcha deste proxecto.