OUTRA VEZ NO BARRIO DE SAN PEDRO

Até o 30 de decembro estará no Museo do Pobo Galego a exposición Barrio de San Pedro. Porta do Camiño. Aínda que se trata dunha produción do Museo, que con esta mostra pretende celebrar os seus primeiros 30 anos, houbo un pequeno espazo para que dehistoria -entre outras entidades- colaborara neste fermoso proxecto.
Desde unha nova perspectiva, podemos achegarnos outra vez á historia deste singular barrio compostelán que, como ben pode verse alí, ten moitas historias que contar.