CONSTRUÍNDO IGUALDADE

Somos unha empresa de mulleres e cremos que iso implica un xeito concreto de facer negocios. Tamén conleva certas responsabilidades e cargas xa que, digan o que digan, no camiño da igualdade queda moito treito por facer.
A Rede Galega de Empresas convidounos a participar o pasado sábado na súa xornada, que estaba dedicada precisamente á relación entre muller, empresa e igualdade.
Tivo lugar en Vigo; alí no Verbum baixo o suxestivo título de Liderando e construíndo Galiza desde a igualdade tivemos oportunidade de compartir o noso proxecto empresarial e as nosas reflexións.
Foi unha tarde moi interesante e, sobre todo enriquecedora. Nunca se acaba de aprender.