A MIÑA FAMOSA FAMILIA

A partir do día 19 de setembro, cada sábado ás 21.30h, poderemos ver na TVG os distintos episodios de A miña famosa familia.
A investigación histórica destes programas foi un dos nosos últimos e máis interesantes desafíos e fomos quen de unir a un gran persoeiro/a do noso pasado cun home ou muller dos nosos días.
No programa -cuxa produción é traballo de Ficción producciones– vaise debullando unha xenealoxía e descubrindo as grandes e pequenas historias dunha familia, que no fondo son os sucesos e vivencias de todos os que foron antes ca nós.
A reconstrución xenealóxica per se é un dos nosos cometidos máis habituais. É un traballo moitas veces complicado, sempre delicado e polo xeral moi enriquecedor.
Os libros parroquiais agochan infinitas historias de xentes e parentelas que coma nós sufriron e gozaron, que viviron por xeracións nun mesmo lugar ou que viaxaron para buscar unha vida mellor, foron testemuñas de guerras e desgrazas ou de grandes logros personais e colectivos.

Non eran tan distintos de nós.

Coma sempre, os episodios pasados estarán a disposición do público no servizo de televisión á carta da TVG.