PROPOSTAS PARA O VERÁN

Neste verán que parece que por fin chegou, queremos lembrarvos algúns dos nosos traballos e, de paso, suxerir algunhas actividades interesantes coas que fuxir da calor e mellor coñecer o pais.
Aquelas persoas con gañas de pasear e tomar contacto coa natureza e o noso patrimonio, poden botar un ollo ás nosas propostas de rutas por diferentes comarcas galegas; están destinadas a descubrir o noso legado construído e inmaterial, os grandes e os pequenos monumentos ao tempo que se percorren paisaxes de gran fermosura e máis dunha paraxe de grande valor natural.
Os que queden na capital ou ben se acheguen a ela nestas datas tamén teñen unha oferta á súa medida. Por unha banda, compre non esquecer os roteiros da memoria da auga, a súa historia e patrimonio, na cidade de Santiago; por outro, poden aproveitar para achegarse ao veciño concello de Ames e, explorar coas nosas rutas con GPS o exotismo deste rural tan próximo e, ao tempo, tan lonxano.