dehistoria é unha Sociedade Laboral Limitada. Esta é unha forma de sociedade, na que a propiedade maioritaria do capital social está en mans dos traballadores e traballadoras.
A Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL) acaba de publicar un catálogo no que se presenta este tipo de empresas e referencia algunhas das que hoxe existen en Galicia. Entre elas estamos nós.
É unha forma peculiar de emprender, que ten as súas ventaxes e inconvenientes pero á vista do catálogo non se pode negar que esta forma xurídica permite o desenvolvemento de iniciativas interesantes e heteroxéneas.
Supoñemos que agora, un dos nosos grandes misterios, “o porqué da S.L.L.” que acompaña ao noso nome está resolto.