Hoxe inauguramos esta exposicion dedicada a historia do emprendemento feminino.
Aínda que os libros de historia tenden a esquecer este feito, a verdade é que o pasado está ateigado de historias de mulleres que, malia as dificultades e os prexuizos, foron quen de tomar a iniciativa e buscar o seu futuro.
Falamos de emprendemento en xeral e de empresas en particular, de grandes e pequenas historias de vida. De grandes coñecidas como Barbe Nicole Ponsardin, viúva de Clicquot ou anita roddick pero tamen de emprendedoras mais desconecidas como Jacqueline Cochran, inventora, fabricante e comercializadora dos primeiros lavapratos ou Melitta Benz, a das cafeteiras de filtro de papel. Mulleres de aquí, como as oleiras de Portomourisco e de acola comoRebiya Kadeer e As Mil Nais do pobo Uyghur. Apenas uns exemplos dun legado inmenso e enriquecedor no que todas -en certo modo- podemos sentirnos reflectidas.
O noso cliente, a Universidade de Santiago de Compostela– a través de Woman Emprende, busca con este proxecto espertar na mocidade -sobre todo nas mozas- unha actitude mais activa a hora fundar e xestionar empresas. De aí a idea de amosarlles moitos e diferentes proxectos e experiencias que servirán como punto de partida para a reflexión.
Colaboramos neste proxecto con Insólito e Estudio Adumbro. Xuntos deseñamos unha montaxe áxil, atraínte e viva que en breve comezara a visitar as facultades e centros universitarios.