Nuns días celebraremos a memoria da loita das mulleres polos seus dereitos. Pola igualdade, pola dignidade. É unha historia chea de grandes fitos e pequenos feitos, de persoaxes ben coñecidas e de protagonistas anónimas. Moitos pasos nun longo camiño que aínda non rematou.
Para que vaiades preparando tan singular xornada, queremos animarvos a curiosear nesa cadea de feitos e testemuñas que fai que a nosa vida hoxe sexa máis doada, cando menos nos paises máis ricos (aínda que esteamos instaladas na crise).
Primeiro, unha proposta da nosa factoría dehistoria: o segundo capítulo dun dos nosos libros, no que se recolle resumida a senda percorrida nestes ultimos cen anos. O seu título, a bolsa propia, o principio da independencia.
Despois, este curioso pero entretido vídeo sobre as orixes desta celebración
E de sobremesa, unha visita á páxina oficial da ONU sobre este homenaxe. Inclue, mesmo un avance sobre a canción One Woman, que será estreada este mesmo 8 de marzo.