A semana pasada dehistoria participou no Congreso Saberes e Sabores que se celebrou na cidade de Chaves. Trátase dunha actividade organizada pola Consellería de Cultura e a Delegaçao Regional da Cultura do Norte dentro dunha serie de experiencias de intercambio e debate sobre diversos aspectos da nosa cultura común e, en concreto, do noso patrimonio inmaterial.
Neste caso, as comunicacións centráronse no conxunto de saberes, coñecementos e usos vencellados á gastronomía galega e portuguesa.
Como noutros aspectos da cultura tradicional, este é un legado compartido cos nosos veciños do sur, froito do saber acumulado de xeracións de xentes -sobre todo mulleres-. Partindo dos recursos máis próximos, construíron toda unha cultura gastronómica e alimenticia que ten un futuro dificil. É o noso desafío saber transmitilo e aproveitalo para construír futuro.
¡Quen ía decir que en algo tan cotián sería posible atopar tanta sabedoría acumulada!.