Hai semanas que traballamos nun novo proxecto sobre as Paraxes singulares da provincia da Coruña. É un proxecto que conta cunha achega económica da Deputación Provincial e que busca estudar e identificar eses sitios que teñen algo de especial no territorio provincial.
¿Qué é unha paraxe?
Dí a Real Academia que é o sitio no que para o coche de línea durante un traxecto, onde agardamos por el, onde baixamos a ese lugar onde nos agardan ou que queremos descubrir.
Esa é a nosa proposta: unha recompilación deses emprazamentos singulares polos que paga a pena achegarse a unha comarca, baixar e deixar o coche, pasear e gozar do territorio e do que nos ofrece.
¿Que fai dun sitio unha paraxe singular?
Aldeas, paisaxes, oficios, tradicións, territorios… que albergan valores históricos, naturais, paisaxísticos que compre recoñecer como parte do noso legado cultural; que é preciso coñecer para preservalos e poder gozar deles hoxe e nos tempos que virán.
Temos xa unha primeira relación, uns 40 sitios. Ao cabo, serán uns 20 e estarán esparexidos por toda a xeografía provincial.
Queres propoñernos algún? escríbenos.