A semana pasada inaugurouse a exposición Vigo no Tempo, a cuarta mostra da serie Cidades no Tempo que é froito da colaboración da Fundación Cidade da Cultura e Afundación. Unha tras outra, o proxecto vai debullando o pasado da Galicia urbana da man do comisariado de Manolo Gago.
dehistoria forma parte dun equipo composto por unha diversidade de profesionais e de expertos na historia das nosas cidades. A nosa responsabilidade foi elaborar unha proposta inicial de documentos para incorporar á mostra. A selección final está un pouco por todas partes pero é a protagonista da sección Tramas.
Milleiros de pergamiños, libros, planos, croquis, debuxos, etc pasaron polas nosas mans ao longo deste proxecto; son materiais de todo tipo que ilustran os mais variados aspectos do noso pasado desde naipes insertos nun proceso xudicial até catálogos comerciais decimonónicos, apuntes escolares, panos bordados por nenas en traballos escolares ou mesmo mais dunha carta de amor. Unha variedade case infinita de testemuños doutro tempo.
As propias cidades son heteroxéneas e cada unha ten unha traxectoria e personalidade que se manifesta neste conxunto de documentos así como nas diferentes mostras.
Onte coma hoxe, a vida expresase das mais diversas formas.
Por iso para nós cada mostra é unha aventura nova, un verdadeiro desafío ás nosas habilidades profesionais e á nosa creatividade á hora de buscar e atopar novos enfoques e propostas. Traballoso, mais tamén estimulante e divertido.
Por iso convidamosvos a botar un ollo ao que vos ofrece até xaneiro Vigo no tempo e xa o ano que ven ás mostras que abrirán en Ourense e Pontevedra.