Loading images...

Investigacións Históricas

ValoutaUnha parte importante do que hoxe somos vén dos esforzos e éxitos do pasado. Coñecelos na súa integridade pode axudarnos a entendernos mellor e, con esta base, emprender un novo futuro. Un produto con historia, un importante patrimonio arquitectónico ou un antigo legado familiar poden ser excelentes puntos de partida para esta experiencia na que o noso pasado falará por nós.

A aplicación dos métodos científicos da historia ó seu caso concreto e á súa necesidade é o noso cometido. Os nosos profesionais estudarán os datos, noticias e obxectos do seu pasado dun xeito efectivo e cun custo razoable para que vostede poida dispor deles nas súas estratexias empresariais, institucionais ou comunitarias.

Son investigacións que responden as súas necesidades concretas, preparadas para seren usadas xa en campañas divulgativas, exposicións, publicacións ou, mesmo, expedientes administrativos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza Cookies propias e de terceiros para recompilar información coa finalidade de mellorar os nosos servizos. Si continua navegando, supón a aceptación da instalación das mesmas. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador podendo, si así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro, aínda que deberá ter en conta que dita acción poderá ocasionar dificultades de navegación da páxina web. Política de cookies - Condicións de uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies