Divulgación

exposicion na RochaTan importante como dispor e eloxiar o noso patrimonio histórico é dálo a coñecer do xeito más adecuado.

A posta en valor dos testemuños históricos dunha institución, vila ou empresa constitúe un excelente punto de partida para o futuro. O fortalecemento da imaxe institucional, a consolidación da marca ou un innovador proxecto de desenvolvemento comunitario serán más sinxelos cunha adecuada xestión dos logros doutros tempos.

No coñecemento e publicitación deses recursos históricos nos podemos axudarlle poñendo á súa disposición o noso traballo serio e rigoroso e, tamén, a nosa creatividade.

Poden ser uns sinxelos paneis na súa sede social, unha pequena exposición da traxectoria empresarial, unha mostra de fotografía histórica, a edición dun libro ou un proxecto máis complexo e cobizoso. A colaboración de expertos profesionais fará que a experiencia resulte apaixonante e enriquecedora; a conceptualización e deseño, a busca de materiais e textos de soporte, a investigación histórica… dehistoria pode facer que o seu pasado fale por vostede dun xeito efectivo e dinámico.