Quen somos

dehistoria é una empresa premiada pola súa vocación innovadora, integrada por un equipo de especialistas en diversas ramas da historia. Somos xente con probada experiencia e recoñecida solvencia nas nosas respectivas áreas de investigación, tal e como o demostran os nosos currícula vitarum nos que figuran participacións en proxectos de investigación académicos, estancias en centros de investigación en España e no estranxeiro ou un importante número de publicacións científicas.

Temos, ademais, unha extensa rede de colaboradores: investigadores noutras disciplinas científicas, deseñadores gráficos., que nos permiten ofrecer ós nosos clientes solucións completas e axeitadas ás súas necesidades. Eles e nós disfrutamos poñendo en cada proxecto o mellor da nosa experiencia, coñecementos, creatividade e know-how.

Cremos, firmemente, no valor do pasado no só como ferramenta para comprender o presente, senón, e sobre todo, como arma de futuro. Cremos tamén que só con atención coidadosa nos detalles e traballo continuado e rigoroso podemos achegarnos ás múltiples facetas da Historia e sacar dela todas as ensinanzas e beneficios que garda para nós. Tamén, estamos convencidos de que os nosos recursos históricos son algo dinámico, útil e atractivo pero que precisa dunha intervención profesional para render os froitos axeitados.

Desta filosofía nace o noso compromiso como empresa para cos nosos clientes e coa sociedade e que se fundamenta na precisión, no bo facer e na fidelidade ó pasado que fan do traballo histórico unha disciplina científica e do novo coñecemento, un poderoso instrumento para xera riqueza económica, social ou cultural.SLG

Somos unha empresa de Economía Social, conectada á nosa contorna, comprometida co emprego estable e o desenvolvemento sostible. Cremos na capacidade das nosas comunidades para xerar dinámicas diferentes e enriquecedoras a partir de dos seus propios recursos e na das súas persoas de crear formas novidosas e diferentes de emprendemento. Por isto levamos con orgullo o sinal que identifica as Sociedades Laborais Galegas e vivimos o seu lema identificativo.

dehistoria. Historia. Cultura. Patrimonio, s.l.l.
Praciña de Fonseca 3-1º Santiago de Compostela. 15705 A Coruña
Tel. 981575313 — info(arroba)dehistoria.net