Investigación histórica
Documentación
Solucións arquivisticas
Museos, exposicións, publicacións.
Restauración e rehabilitación. |
|
DOCUMENTACIÓN
A localización dun dato ou dun documento concreto, necesario para a elaboración de informes e estudos institucionais ou corporativos, ou mesmo para respaldar accións procesuais, pode converterse nunha tarefa difícil e custosa para quen non dispón das habilidades ou o tempo que se precisa.
O noso equipo de expertos historiadores profesionais pode axudarlle. Podemos buscar para vostede ese dato que precisa para completar a súa presentación, solicitude ou informe, ese documento histórico que lle axudará a demostrar a antigüidade dun inmóbel ou produto. Pode ser que vostede só precise dunha orientación xeral, un breve asesoramento para continuar a busca que xa emprendeu. Esta é, tamén, a nosa especialidade.
|