![]() |
||||
|---|---|---|---|---|
| ¿QUEN SOMOS? | BLOG dehistoria | |||
|
¿QUÉN SOMOS? dehistoria é una empresa nova, premiada pola súa vocación innovadora, integrada por un equipo de especialistas en diversas ramas da historia. Somos xente con probada experiencia e recoñecida solvencia nas nosas respectivas áreas de investigación, tal e como o demostran os nosos currícula vitarum nos que figuran participacións en proxectos de investigación académicos, estancias en centros de investigación en España e no estranxeiro ou un importante número de publicacións científicas. Temos, ademais, unha extensa rede de colaboradores: investigadores noutras disciplinas científicas, deseñadores gráficos., que nos permiten ofrecer ós nosos clientes solucións completas e axeitadas ás súas necesidades. Eles e nós disfrutamos poñendo en cada proxecto o mellor da nosa experiencia, coñecementos, creatividade e know-how. Cremos, firmemente, no valor do pasado no só como ferramenta para comprender o presente, senón, e sobre todo, como arma de futuro. Cremos tamén que só con atención coidadosa nos detalles e traballo continuado e rigoroso podemos achegarnos ás múltiples facetas da Historia e sacar dela todas as ensinanzas e beneficios que garda para nós. Tamén, estamos convencidos de que os nosos recursos históricos son algo dinámico, útil e atractivo pero que precisa dunha intervención profesional para render os froitos axeitados. Desta filosofía nace o noso compromiso como empresa para cos nosos clientes e coa sociedade e que se fundamenta na precisión, no bo facer e na fidelidade ó pasado que fan do traballo histórico unha disciplina científica. |
||||
dehistoria. Historia. Cultura. Patrimonio, s.l.l. |
||
|---|---|---|