![]() |
||||
|---|---|---|---|---|
| ¿QUEN SOMOS? | BLOG dehistoria | |||
|
SOLUCIÓNS ARQUIVÍSTICAS dehistoria dá ós seus arquivos o coidado e respecto que merecen porque son un elemento fundamental na vida da súa empresa, familia ou institución. Tanto se son fondos de carácter histórico como se constitúen a ferramenta básica da xestión cotiá merecen a nosa total atención e os nosos mellores esforzos.
O noso primeiro paso será facer unha avaliación integral dos seus recursos arquivísticos e, a partir dela, determinarase o valor (arquivístico, social ou corporativo) da colección. Poderemos, entón, procesar o conxunto, ordenalo -tendo en conta a súa funcionalidade- describilo e implementalo para un correcto uso futuro; orientaremos ós seus colaboradores no seu manexo e mantemento e nos potenciais usos deses fondos. Nos non posuímos o seu arquivo pero podemos axudarlle a tirarlle proveito nas estratexias empresariais, institucionais ou sociais ou na xestión e na comunicación cotiás. |
||||
dehistoria. Historia. Cultura. Patrimonio, s.l.l. |
||
|---|---|---|