Album de mulleres
Esta é unha singular iniciativa da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.

É un proxecto de longo percorrido que quer amosarnos a traxectoria vital das galegas que foron antes ca nós a tra vés das biografías dalgunhas delas. Unhas son moi coñecidas, como Rosalía de Castro ou María Castaña; outras, pola contra, son absolutas descoñecidas para a maioría do público, como Isabel de Zendala ou Dolores Rodeiro. Todas son un espello no que atopar valores como o esforzo, o compromiso ou o carácter emprendedor.
dehistoria foi convidada a investigar e compoñer unha desas biografías, a de Dona María Reguera e Mondragón, que vivíu dacabalo entre os séculos XVIII e XIX e desenvolveu unha actividade pública e publicada pouco común na Galicia do seu tempo.
Convidámosvos a ler e aprender dela e a explorar o Album de Mulleres
E máis algunha receita
Non deixa de ser curioso que o aniversario de Cunqueiro
sexa tan preto do Nadal, o momento do ano no que desde sempre se pon máis atención na gastronomía para buscar sobre todo unha volta aos sabores de toda a vida, aqueles que nesas datas gozaron os nosos avós.
A historia da nosa literatura gastronómica, aquela da que deberíamos botar man para confeccionar esas receitas de onte e de hoxe, ten outro referente. Trátase de Manuel María Parga y Puga, máis coñecido como Picadillo . Nestas datas convén lembrar o seu tratado para cociñar o bacallao, por canto a Noiteboa é cea de vixilia pero hoxe imos prestar atención a unha receita especifica do nadal: A Sopa de Pan de Navidad, recollida na súa Cociña práctica:
Guarda la grasa en que se asaron los capones y guarda también los panecillos que te hayan quedado de reserva.
Al día siguiente pon a derretir la grasa en una tartera y dora en ella finas rodajas del pan reservado; cubrelas con una prudente cantidad de caldo; deja que cueza y, cuando esté, pones la tartera en el horno para que se reduzca el líquido.
Bo nadal a todos e todas e Bon appetit!
MENÚS DE NADAL
O noso traballo ofrece moitas oportunidades para achegarnos á vida cotiá doutro tempo. Ás veces sen querelo, atopamos pequenas xoias que nos axudan a imaxinar cómo era a vida daqueles que foron antes que nós. Neste caso foi unha sede de artigos aparecidos nos últimos días de decembro de 1897 no Diario de Pontevedra.
AS ORIXES DA FEIRA DE SAN MARTIÑO EN FRANCOS (TEO)
Quen nos ía dicir que acabariamos descubrindo que esta feira é máis antiga do que pode parecer?
A investigación -encargo do Concello de Teo- foi complicada por canto as fontes informativas son escasas e dispersas. Con todo, cuns documentos e outros, fomos quen de reconstruír con rigor (o método científico ante todo) a apaixonante orixe deste evento e mesmo de recuperar datos fiables da súa evolución ata o s. XX.
Descubrimos que, en realidade, no lugar de Francos se celebraban cada ano 3 feiras. Tiñan lugar os días de Pascua de Ramos, Pascua do Espírito Santo (o luns de Pentecostés) e o día de San Martiño (11 de novembro), que todas comezaron a organizarse nos anos centrais do século XVI, que cada unha duraba dous días e, mesmo, que as feiras de primavera se orientaban sobre todo ao trato do gando vacún mentres que o San Martiño sempre preferiu o cabalar.
Todas se desenvolveron con bastante éxito ata o s. XIX cando as feiras de primavera esmoreceron ata desaparecer.
Hoxe so queda o San Martiño que foi quen de adaptarse aos novos tempos sen perder a súa esencia gandeira e labrega. É asi como intentará acadar o título de Festa de Interese Turístico Galego.
Na Factoría dehistoria atoparedes un resumo dos resultados da investigación.
CON NOME DE MULLER
Hoxe inauguramos esta exposicion dedicada a historia do emprendemento feminino.
Aínda que os libros de historia tenden a esquecer este feito, a verdade é que o pasado está ateigado de historias de mulleres que, malia as dificultades e os prexuizos, foron quen de tomar a iniciativa e buscar o seu futuro.
Falamos de emprendemento en xeral e de empresas en particular, de grandes e pequenas historias de vida. De grandes coñecidas como Barbe Nicole Ponsardin, viúva de Clicquot ou anita roddick pero tamen de emprendedoras mais desconecidas como Jacqueline Cochran, inventora, fabricante e comercializadora dos primeiros lavapratos ou Melitta Benz, a das cafeteiras de filtro de papel. Mulleres de aquí, como as oleiras de Portomourisco e de acola comoRebiya Kadeer e As Mil Nais do pobo Uyghur. Apenas uns exemplos dun legado inmenso e enriquecedor no que todas -en certo modo- podemos sentirnos reflectidas.
O noso cliente, a Universidade de Santiago de Compostela- a través de Woman Emprende, busca con este proxecto espertar na mocidade -sobre todo nas mozas- unha actitude mais activa a hora fundar e xestionar empresas. De aí a idea de amosarlles moitos e diferentes proxectos e experiencias que servirán como punto de partida para a reflexión.
Colaboramos neste proxecto con Insólito e Estudio Adumbro. Xuntos deseñamos unha montaxe áxil, atraínte e viva que en breve comezara a visitar as facultades e centros universitarios.








