O Camiño a Fisterra en Ames

Acabamos de rematar un interesante traballo de investigación sobre o Camiño a Fisterra no Concello de Ames, moi perto de Santiago.
A nosa investigación concretarase nunha serie de rutas, sinalizacións e materiais complementarios que intentarán explicar mellor a historia e o importante patrimonio conservado nesta zona. Son pobos como Augapesada ou Ponte Maceira, que son moi coñecidos, pero tamén lugares con moito encanto e absolutamente descoñecidos: Covas, Pousada, Suevos,…
Os itinerarios están pensados para coñecer a ruta do Camiño e os pobos que están nel e na súa proximidade. Son percorridos accesibles e axeitados para pasar un día ou unha tarde agradable cos amigos ou a familia.