Moitos dos nosos amigos e clientes expresan a miúdo a súa curiosidade polos detalles da vida dos nosos avós e avoas, o seu interese por elaborar a súa árbore xenealóxica ou a ilusión que lles faría coñecer mellor os pormenores da súa historia familiar (profesións, contextos, lugares, etc.)
Cando a historia familiar se entende como algo máis que a xenealoxía da liña paterna (que é o máis comúnmente feito) vemos como aparecen ante os nosos ollos, con moita claridade as parentelas, os oficios, os testamentos, os lugares … mesmo eses obxectos arrinconados en armarios e faiados teñen outro significado.
Por isto, e visto que entre a nosa clientela o deseño da árbore xenealóxica é un encargo preferido para ocasións especiais como o Día do Pai ou da Nai, encontros familiares e cousas similares (que sempre hai motivo para unha festa e un agasallo) queremos ofrecervos a posibilidade de comezar esa aventura.
Canto pode costar un traballo así? É imposible dicilo a priori, pois a investigación pode alongarse tanto como a túa propia curiosidade; o que sí podemos ofrecervos é un «bono» por valor de 100 € que, para aquelas familias procedentes da maior parte das freguesías da diócese de Santiago, cunde moito.
Queres saber se a túa parroquia está entre esas que poden beneficiarse desta oferta? Consulta na web do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago e se os libros están aquí, estás de sorte, ponte en contacto con dehistoria e te axudaremos.
* IVE non incluído (21%)